Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Antonio Ozores


Antonio Ozores
Antonio Ozores.jpg
Nome completo Antonio Ozores Puchol
Nacemento 24 de agosto de 1928
Lugar Burjassot, Comunidade Valenciana, Banderaespaña.png España
Falecemento 12 de maio de 2010
Lugar Madrid, Banderaespaña.png España
Cónxuxe(s) Elisa Montés (ex)
Fillos Emma Ozores
Profesión Actor
Coñecido/a por Un, dos, tres... responda otra vez

Antonio Ozores foi un dos míticos actores españois (xunto a Alfredo Landa e Antonio Resines).

Índice

TraxectoriaEditar

Antonio naceu nunha vila cercana a Valencia e foi un dos actores do teatro do absurdo traballando no teatro (edifico) e na televisión e no Cine sendo un dos primeiros españois en recibir unha rúa con seu nome sen ser un militar ou un relixioso, participando na cultura postmoderna do destape e do landismo e do frikismo da época que tanto vendía sen mirar cara Estados Unidos de América ou Londres como agora. Formou parte do clan Ozores, unha tribo de españois que loita polo entretemento español sen seguir rituais extranacionais.

Participou na Guerra Fría loitando contra o Eixo do Mal nas tropas da medianoite, que atacaban confusos debido á néboa e o alcol máxico de Corocotta grazas ao cal conseguiu ascender ao cargo de Paladín da luz e logo poder pasarse os tutoriais de Age of empires e o Age of Orgies, o videoxogo español sobre ligar suecas e MO-NUU-MENTOS! nas praias do Meditarráneo antes de que se enchese de pastilleros e turitas peneques.

Durante a Transición pasou a facer comedias de destape, calqueira excusa é válida para ensinar as tetas!(botábanlle a culpa a Franco e os seus curas que tanto os oprimiran), este tipo de cinema español causou furor e vense repetindo o seu éxito ata o século XXI, onde se comezaron a facer comedias de gusto anglosaxón abandoando o estilo mediterráneo. A partires dos 90 tívose que retirar, xa non se vendían tanto as comedias de destape e de ligar porque os estudios facían comedias familiares e de humor amable estilo british empire building, comedis que podías ver xunto a teu avó sen preocuparte e que daban noxo velas.

A parte diso a televisión irrumpiu con forza así como os culebróns, e o cine estaba morto polo que se retirou a rematar os seus estudos de física cuántica logrando construir o CERN en Suíza e provocar un buraco negro que acabaría ameazando a existencia mesma do universo.

FilmografíaEditar

Traballou en máis de cento cincuenta películas que por desgraza como estou con preguiza e non teño paciencia algunha para cargala a este artigo. Algúns dos filmes nos que participou como protagonista foron Esto es un atraco (1987), Canción triste de... (1988), El Equipo Aahhgg (1989) ou Los obsexos (1989).

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antonio Ozores.

Outros artigosEditar