Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Antolín Faraldo

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Antolín Faraldo.
Antolin.jpg
Información
Nacemento 2 de setembro de 1822.
Betanzos Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento 20 de xuño de 1853
Granada Banderaespaña.png España
Nacionalidade galega
Ocupación Pai da Patria

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Simón BolívarCita2.png
Google sobre Antolín Faraldo

Antolín Faraldo, foi un rapaz que se decatou da decedencia de Galicia e tentouna espertar.

BiografiaEditar

Antolín naceu nunha familia funcionarial, seu pai era escribán e como era totalitario cristián consegiu grandes postos de traballo polo enchufe de Fernando VII ata que mudou o goberno e seu pai adicouse a conspirar contra Sabela II e os liberais, que o cesaron no seu posto, mentres Antolín xa conseguira seu título de médico pola USC, onde se convertiu nun estudante e revolucionarioooo!!!

Debido a que idealista de seu pai perdera o traballo e a cabeza, non tiñan moitos cartos e Antolín voltou á casa familiar, onde tras varias trifulcas e pelexas dialécticas co facha de seu pai voltou pra Santiago de Compostela a escribir en varios xornais (Idólatra de Galizia, Chuza.org, terra e tempo) e fundou Galicia Bilingüe (pra que se puidera falar tamén en galego na administración) pero prohibíronlla e logo o Estado madrileño deulle o nome a outros...

En 1846 o sociata centralista Narváez obtén o poder de Madrid e instaurando unha faloditadura que fixo estalar a Revolución de 1846, na que Faraldo foi uns dos activistas civís e formou parte da Xunta de Galicia (que pretedía facer unha sóa provincia galega das catro impostas, baixar impostos, democracia, e desfacer as diputacións) ata que perderon a Batalla de Cacheiras frente ó exército rival.

Faraldo conseguiu fuxir vivo por Vigo cara Portugal, ata que foi amnistiado ao ano seguinte grazas a un ministro galego, voltou a Galicia, e logo seguiu a Madrid, onde provocou A Movida razón pola que foi desterrado ao Sáhara Occidental, onde axudou a fundar o Frente Polisario pero como isto era un ataque ó Statu Quo imposto pola OTAN foi desterrado a Granda, onde morreu de tanto escoitar flamenco chirriante.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antolín Faraldo.

Outros artigosEditar