Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Antena 3 (Portugal)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Antena 3 (homónimos).

Antena 3 (Portugal) é a radio cultureta e indie de Portugal, nela saen bandas de música novas, estrelas do nacionalcancionetismo e outros frikis do momento musical. Aquí soen desvirgar a moita xente, por iso sempre se dí que na Antena 3 é a sempre a primeira!!!!

Índice

HistoriaEditar

Todo comezou cando na RTP non apostaban por botar nas galas de Nadal a grupos de música porno formada por mozos avantgarde, polo que algúns locutores e xornalistas músicofestivais adicáronse a tocarlle os collóns ao presidente do grupo ata que tiveron a súa propia canle hertziana de invasión mental para comerlle a cabeza a moitos potugueses que eran virxes e desvirgalos facéndolles escoitar música dance e indie pop. Eso para conseguir mais sexo lanzarn a transmisión mais alá da Raia e agora podes escoitar sen problemas en Tui esta radio e así Superbock facerlle a competencia a Estrella Galicia MUAHAHAHAHAHA!!!!!

No 1994 fundouse esta emisora cando viron que Banesto se comía un banco lisboeta, isto desgustou moito aos portugas, e seus líderes decidiron contraatacar mediante o poder brando cunha ofensiva cultural, criar unha camada elitista musical ao igual que os USA para expandir a conciencia lusa e contra o imperialismo castelhano e desvirgar a bigotudas portuguesinhas mediante o lema contracultural "A primeira vez é sempre na 3".

O seu logogtipo é unha nariz esnifando coca: o texto "antena" é o conduto nasal, o "3" nun redondel é a fosa nasal, e as cinco raias que se ven logo son as cinco raias de coca que toman seus locutores para aguantar aos músicos indies inaguantables e choromiqueiros que botan pola radio.

Equipo de presentadores da Antena 3Editar

  • Álvaro Costa: locutor que naceu en pleno festival de Woodstock, por iso gorenta tanto dos festivais, sobre todo dos patrocinadores.
  • Ana Galvão: presentadora da terra, de tal xeito que ten a melena da mesma cor, polo tanto é unha intraterrestre!!! Igual que os mouros!
  • Dj Vibe: ou morre na dance floor pá!
  • Fernando Alvim: presentador telepata que gosta de Cthulhu á prancha... herexe!!!!!
  • Henrique Amaro: especialista no nacionalcancionetismo.
  • Joana Marques: a presentadora gafapasta da emisión.
  • Jose Paulo Alcobia: especialista no cine, esa cousa aburrida de luz e movementos xa aben...
  • Luís-Franco Bastos: a voz de... A Cousa de John Carpenter!!!!
  • Mónica Mendes: a que te esperta polas mañás con ganas de... ehem... ehem... ehem...
  • Nuno Calado: un indixente indie.
  • Raquel Bulha: presenta sexo a 3 WOW!!!!
  • Ricardo Sérgio: cagaletras musical en varias revistas O Perísticas.
  • Rui Miguel Abreu: o gangsta do hip hop..." O Alén-Tejo mola mais que o mais acá-tejo!"
  • Rui Vargas: sempre nas noites do venres presto a invocar ao demo!

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Antena 3 (Portugal).

Outras radiosEditar