Andrés do Barro

Andrés do Barro foi un cantante galego que cantaba en galego, o interesante é que Franco non o meteu nun correcional.

Vida e cantigasEditar

 
Un fan de Andrés do Barro.

Andrés naceu en Pontedeume no seo dunha familia de clase media tirando a alta(o pai era militar e iso nos tempos de Francisco Pakko era lomás), estudos do SEG aseguran que a bomba Able de 1946 afectou sobremaneira ó feto causando nel o seu posterior Screaming vocal , que fixo que seu pai(que era militar e traballaba pra CIA) o metese nun laboratorio segredo, onde o pai de Walter Bishop lle fixo varios experimentos, grazas a eles Walter fixo o seu primeiro amigo mais tívoo que deixar, xa que seu pai fixera de Andrés unha arma de ensoñación masiva.

Como este tipo de armas aínda non tiñan moito impacto o proxecto foi redirixido cara o sistema cultural, así andrés foi levadoa outro centro de experimentación no Ferrol do Pijillo, alí metérono nunh clase de superdotados pra que aprenderaa compoñer música e hipnotizar ás masas e que así o Reich franquista durase mil anos. Pero Andrés non auturou que o obrigasen a falar en castrapo e matou a todos os seus mestres cunha onda sobreacústica de 666.666.6666 Megahercios(algúns uspoñen que foi aquí cando W. Bishop virou "algo" tolo) como xa non aguantaban sequera na casa seus pais o abandonaron na escola de Operación triunfo.

Alí licenciouse en Cante popeiro, coñecemento da minisaia e Ciencias Superiores da Raza Hispánica; como todo isto non lle servía d e moito en outros países fíxose un cursiño de CEAC como conductor de ambulancias, mais nas prácticas de ambulanceiro matou(sen querer) a dúas preñadas, seis vellas, un guerrilleiro antifranquista, tres garda civís, un cura, tres policías nacionais, dúas monxas guitarreiras, catro policías da segreda, cinco policías da PIDE, dous bispos e oito nazis refuxiados en España. Menos mal qe tiña padriños(un pai militar e dosu tíos curas) e saiu libre de cargos, para tapar o seu pasado mudou o nome de Andrés Lapique do Barro polo de Andrés do Barro, grazas a ese cambio brutal d enome pudio pasar desapercibido pros familiares das vítimas e facerse famoso sen que o enchironaran.

Andrés foise a Madrid seguindo a seu pai, que tentaba fuxir de seu fillo e das súas tenras cancións, que coño" él era un macho español e ter un fillo cantante en vez de militar ou cura era unha afrenta pra xenerosa misión apostólica e católica de España!!!

Cando Andrés bateu co seu pai matouno do garnde aturuxo que lle deu nas orellas ó abrazalo do contento, seu pai moreu alí mesmo co cerebro frito, Andrés fuxiu e sen decatrse foi parar a a un puticlub onde lle ofreceron un gin tonic mas á hora de paghar non tiña suficientes leuros asi que foise a limparllesa louza. mentres o facía cantaba, pero tan alto que se escoitaba incluso debaixo da cama cos ferros masi rincheiros do burdel, afortunadamnete pra el estaba por alí un secretario xeral de Acción Católica, e como buscaba un cantante pra un grupo popi relixioso o secuestrou e levou a un pazo ministerial.

Alí púxolle as cousas claras, amosóselle como un axente da CIA que quería desetabilizar á oposición roja antifranquista(A´oposición progre e monárquica antifranquista non) e buscaab un cantante da periferia española que amosara ó mundo que Franco non era tan malo, pra iso necesitaban un cantante en dialecto como o galego pero sen política e moi tenriño cal Queixo de Tetilla. Pra convencelo púxolle unha táser na entreperna e Andrés cantoule unha ópera sobre unha mísera labrega que era salvada pola acción católica e benfeitora do señorito do pazo ó namorar dela. Isto gustoulle moitro ó infiltrado e meteuno nunha habitación a soas con Xoán Pardo.

Dalí saíu Andrés con barriga e mala cor, pero cun disco no brazo que foi presentando en varios festivais e programas de radio. As cancións gustaban porque as podían entender tanto os portugueses como os españois asi que foi un éxito, ensarillando éxito tras éxito.

Pero fora dos escenariosa vida era dutra cor, xa queo funcionario policial da CIA e da Gestapo española o apremabana establecer contacto con cantantes rojillos e infiltrarse en tódalas asembleas antipakko, pero Andrés ufrí amoito nelas xa que non aguntaba os fumes dos porros e remataba polo chan; unido iso a que todavía non habia internet nin pelis porno en España(excepto si te chamabas Alfonso XIII) o noso heroe deuse á bebida lixeira, pero os espías sempre le metían de garrafón pra acerelalo pero caeu nunha depresión cando o descubriron tentando inventar o Nu Metal, destríndolle as partituras.

Andrés non aguantou mais e marchou pra México, pero como alí non tiña padriños nin era moi coñecido actuou pouco. Ademais as suas cantigas tenras non eran do gusto azteca, que daquela lles ían mais os narcocorridos que as baladas empalagosas dos Maná; asi que traballou do que lle deixaron. Foi repatriado pola preXunta de Galicia pra que enchera a TVG con algún éxito seu e edulcorase algo a existencia do ente autonómico e antisoberanista.