Abrir o menú principal

Desgalipedia β

André Pena Graña

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


André pena Graña.
Andre pena Graña.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XIX A. de C.
Ferrol Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Celtizar media Europa.

Cita1.pngQuizais quixo dicir: Manuel MurguíaCita2.png
Google sobre André Pena Graña

André Pena Graña, foi un dos grandes guerreiros celtas que extendeu o Dereito Común Celta por toda Europa (incluída Turquía).

Índice

Vida no grande centro brillante celtaEditar

André veu á vida traído pola deusa Epona o día 5 do Temidor do ano 157, baixo o reinado de Francorix; seus pais enviárono ás Illas Cíes onde a Grande Orde Reintegrata tiña unha escola de Artes Marciais, e Pena Graña foi entrenado nas artes segredas de Morrigan e logo enviado á caza de cabezas tras pasar polo ritual de iniciación nunha sauna castrexa bracarense e logo o banquete ritual.

Pena Graña foi abandoado no monte de Calidon (Gales) alí viu como do Outro Mundo saía unha grande besta, un xabarín solar que comezou a sementar o desorde e o Caos no Cosmos, Graña votouse a él co seu puñal de antenas na man a perseguilo pra roubarlle o seu pelexo dourado e logo ofrecerllos ao deus Bandua cal Vellocino de Ouro, pero Calo, o agochador, botoulle un saco por riba do cocho e fíxo voltar ao Outro Mundo;Pena Graña ficou sen o seu trofeo,pero en vez de voltar a casa fracasado reaxiu e deu en invocar a Vestio Alonieco no gran pantano das gándaras de Budiño (O Porriño)ao tempo que sacrificaba un leitón, o deus Vestio dos Aloniecos aparecéuselle con tan mala sorte que lle furou a barriga debido á súa encarnación cornúpeta, para desculparse o deus entregoulle o Santo Grial para que non se lle derramase o sangue ao tempo que lle deu as chaves do castro de Pena Lopesa (Narón, Ferrol).

Durante séculos Pena Graña sobreviviu como rei pescador en Pena Lopesa, pero a chegada dos Lordomani (ou cabaleiros da táboa redondeada) fixo que tivera que saír a pelexar coa axuda da súa espada máxica, Celto, labareando refulxente co vital Brío de Libero-Breo de Don-ón, aínda así todo concluíu sen nada definitivo, razón polo cal os Lordomani baixaron a Tui pra poder divertirse coas mozas dalí.

Nos seguintes eóns que transcorreron na ignorancia da oscuridade crónica da fraga das trebas (que non trebopalas, nen treboadas) de pre-oríxes e caos da noite cósmica que alegorica e exemplarmente enseñoreaba a Igrexa Católica, chegou Napoleón perseguindo ó gran xabaríl britónico, perdón quixen decir ao exército inglés, e que varios britanos sobrevivintes á batalla de Elviña(por rezarlle a un deus fálico dalí) convocaron a Pena Graña a través dun sacrificio cruento, pero éste só lles deu apoio tras demostrar que eran celtas britanos de pura cepa e logo deixou que Hitler os bombardease por seren tamén imperialistas e non habelo invitado no día da liberzaçom da Irlanda do Imperio Británico.

Morte e resurreción uránicaEditar

Tras entregar o Santo Grial ao servizo de Patrimonio da consellería de Cultura da Xunta, deu en desangrarse e morreu, pero a súa alma precristiá, pero sen embargo crente nun só Deus amosado nun tríscele consegeu qe o seu traxecto polo mundo subterráneo dos mortos cara á lus ao fondo do túnel fose un rápido traxecto entre o caos ctónico (onde case a súa alma morre chamuscada por efecto das grandes masas de lava)e debido a que tiña unha escura deusa chamada María como psicopompa deu chegado onda Orcabella, a cal lle dixo que que "el mundo en tanto que estructurada totalidad absoluta de arquetipo comogónico,ctónico-uranicamente proyectada mito-ritual, máxica, numinosamente en el País Celto-galaico, por el cual tengo derechos sobrados como celta que son a que me devuelvan a la vida, Carallo!"

Este gran discruso operístico fixo que Orcabella o envíase de volta ó planeta Terra, reencarnándose en Manuel Murguía e logo en Manuel Fraga, e logo en Manuel Rivas e logo en Manuel González Sanchidrián e logo en Manuel Antelo e logo...

Véxase taménEditar