Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Alonso de Lanzós

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Alonso de lanzós
Alonso lanzos.jpg
Información
Nacemento Probablemente no séc. XV D. de C.
Cartelle, Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación revolucionario galego

Cita1.pngQuizais quixo dicir: George Washington do medievoCita2.png
Google sobre Alonso de Lanzós

Alonso de Lanzó foi un líder dos Irmandiños que consegiu botar fora da Galiza ós parásitos.

Vida e milagresEditar

Alonso nasceu en Lanzós, Cartelle, seu pai era comerciante e finalmente estableceuse na Coruña onda o burgo do faro e abriu casa comercial en canto Alonso tivo 10 anos (idade suficiente como pra atender ó público) alí sofreu as coaccións de varias familias nobres que se levaban o xénero sen pagalo.

Cando se fixo mais grande seu pai levouno con el a recorrer a Galicia profunda vendendo lenzois, así foi como coñeceu o arte da diplomacia e da guerra, xa que tiñan que botar mans dos caxatos e mocas que levaban pra desfacerse dos asaltantes dos camiños e bandidos que daquela vivían dentro dos castelos a soldo dos señores feudais).

Co pasodos anos e das violencias e coaccións Alonso xuntouse en irmandade xunto con outros comerciantes como él, ao tempo que seu pai comparaba un título de nobre pequeno pra comezar a subir pola xerarquía social do momento, pero seu fillo xuntárase con comunistas burgueses que deorn un golpe de estado e botaron fóra a tódolos señores feudais.

Na revolta IrmandiñaEditar

Unha vez xa no poder xuntáronse en Xunta das Irmandades pra organizar a revolución irmandiña cun programa:

  • Destrucción de tódolos niños de corrupción, sobre todo das fortalezas.
  • Alianza entre as irmandades pra facilitar a realización dos intereses comúns(paz,comercio,progreso,etc).
  • Compra de dereitos xudiciais ao rei pra facerse co control dos vello señoríos abandonados pola nobreza.

Esta Xunta das Irmandades foi un Consello Federal que promulgou unha constitución moderna pero sen danar ao señorío; xa que as propiedades dos mosteiros foron conservadas e lles axudaron en litixios e preitos contra privados e señores feudais que lles roubaran rendas. A Federación Irmandiña consegiu botar abaixo centos de castelos e Fortalezas( o mais vilipendiado e famoso castelo de Greyskull de Nuno Freire de Andrade, O Mao)en todo o reino de Galicia, ao tempo que enviaba unha delegación ao rei Enrique IV de Castela pero éste fai oidos xordos porque xa estaba a ben coa nobreza que antes o quixera derrocar.

Debido a que non se pode ter poder sen violencia as Irmandades xuntan todas as milicias e forman un exército popular(que non profesional)baixo as ordes de Alonso de Lanzós,Diego de Lemos e Pedro Osorio na cúspide, todos nobres da baixa nobreza e con experiencia militar.Grazas a eles non se derruban os castelos fronteirizos con Portugal(onse se atopaban os nobres conspirando) como a torre de Fornelos e Tui.

=Regreso dos nobresEditar

Os nobres que estiveron no exilio autoimposto, xa que fuxiran de Galicia ao ver uns poucos irmandiños xuntaran nas fronteiras do reino tres exércitos, un ao mando de Pedro madruga,outro mandado polo arcebispo de Compostela e o terceiro baixo o Conde de lemos:

  • Pedro Madruga:grazas á colaboración do rei portugués reune un exército mixto de galegos e portugueses e entra por Salvaterra de Miño e ten unha loita brutal na Batalla de Framela contra do exército irmandiño das provincias de Ourense e Tui,derrótaos e sube cara Compostela onde se reune co arcebispo Alonso II de Fonseca e Juan de Pimentel (irmán do conde de Benavente).
  • Dende Salamanca parte o arcebispo Fonseca:á cabeza dun segundo exército acompañado do citado Pimentel e outros cabaleiros da cidade castelá,reúnese co exército de Pedro Madruga e derrotan outro exército irmandiño na batalla de Almáciga nas afioras de Santiago de Compostela.
  • O terceiro continxente parte de Ponferrada, comandado polo conde de Lemos (D. Pedro Álvarez Osorio) acompañado polo mariscal Pero Pardo de Cela, co obxectivo de Monforte,Lugo e Mondoñedo.

Ante a proximidade do golpe final Alonso de Lanzós, que se atrincherara en Pontedeume, chamou no seu auxilio a Diego de Lemos, mentres se pechou no castelo de Guntián,alí se achegaron os exércitos da liga nobiliaria mais non o deron tomado e tiveron que retoceder; Alonso xa non esperou polo exército irmandiño de ourense e fuxiu da Guntián pola noite(á mañá seguinte chegou o exército ourensán cos que Pedro Madruga chegou a un acordo pra non combatir).

Alonso de Lanzós estaba só, e vendo que non podía defender Pontedeume diante do Andrade foise entregar aos nobres, pero ao arcebispo de Compostela Alonso de Fonseca(que se lvaba mal pero era aliado circunstancial do Andrade);tras entregar Pontedeume ao bispo marchou sen rumbo fixo co que lle restaba de homes que aínda non desertaran.

Indo pola corredoira do Viso en Louredo foron derrotados por unha patrulla nobiliar, o seu xefe enviou preso a Alonso de lanzós ao seu señor feudal do cal era vasalo,o señor de Andrade,que o encanto o viu correu darlle un abrazo pero despois lembrou quen era e colgouno das almeas do seu castelo e tívoo como alimento pro voitres durante tres anos pendurado dunha almea.