Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Alfredo Sánchez Chacón

Dirty McNasty-01.jpg Alfredo Sánchez Chacón é demandado pola CIA, KGB e por Jack Bauer
por crimes contra a sociedade e é moi perigoso.

Nosa Señora de Desgalipedia odia cousas como Alfredo Sánchez Chacón
e ha chamar o superheroe Administrador maligno para te prender.


Alfredo Sánchez Chacón
GalicianRambo.jpg
Información
Nacemento 1958
Ortigueira Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Falecemento NS/NC
Sin City.
Nacionalidade galega
Ocupación Bandoleiro social
Cónxuxe Putas.

Alfredo Sánchez Chacón, mais coñecido como o "rambo galego" ou "Rambo de Lugo", foi un delincuente galego a finais do século XX coñecido por estar fuxido da policía durante nove anos e sete meses (cunha detención polo medio) agochándose no monte.

Vida e crimesEditar

O Rambo galego naceu en 1958 en Córdoba fillo dun garda civil que o trouxo pra Vilagarcía de Arousa, de mozo seu pai non o vixiou moito e rematou sendo líder dunha banda de mozos na Vilagarcía fariñeira e como foi detido varias veces seu pai aconsellouno con alistarse na lexión pra así non ir ó cárcere. Estivo na lexión e cos boinas e no COE-82 (Compañía de Operacións Especiais) de Lugo (de ahí o sobrenome que lle puxeron os xornalistas por comparación co persoaxe de Rambo, que tamén era boina verde). Cando saiu feito un vago non quixo porse a traballar ou non sabía asi que púxose a roubar casas a finais dos 80. Tras varios roubos en casas, a garda civil comezou a perseguilo en 1989, e desde entou emboscouse vai ti saber onde, que pra iso o entrenaron moi ben nas boinas verdes.

O asasinatoEditar

En 1996 matou a un rapaz en Cuntis, (Pontevedra) días despois tentou matar ó dono dun puticlub de Cuntis, onde case o capturan pero pegoulle cunha bolsa (¿??) e fuxiu ó monte. Catro días despois apareceu en Pontedeume onde os gardas o esposaron e golpearon pero recuperouse coma nunha película de Jolivú e consegiu fuxir de novo. O seu crime de sangue foi o que lle deu fama, e a xente andaba con medo polo monte por si batía con el, atopáronse restos de campamento nalgún descampados das fragas e capelas montesías. Foi detido en Xove (Lugo) cando ía de putas e posto na prisión de Vigo en 1997 ,onde estivo só sete meses xa que fuxiu dalí ó vello estilo(sabas atadas en plan corda por unha fiestra) e fuxiu pra Portugal pasando por Salvaterra de Miño a Monçao.

Foi capturado en 1999 nun bar de Ribadavia, era a súa 39º vez que era detido pola garda civil, foi enviado ós ferros dO Pereiro de Aguiar, despois a A Lama, Pontevedra, logo a Curtis seguido a Valladolid pasando por Ourense escoltado por unha unidade especial.Foi condeado a seis anos e medio de prisión.

O seu método de agocho consistía en instalar unha tenda de campaña nas fragas da Galicia profunda onde era moi difícil dar con él debido á espesura e que os ruídos de xente andando poñían sobre aviso,a sí consegiu zafarse da garda civil centos de veces. Os seus puntos febles eran que dependía da comida e o sexo, e pra iso saía da selva pra atracara alguén e mercala e despois ir de putas. Desta vez non consegiu soltarse e foi peregrinando de xulgado en xulgado debido ós difrentes crimes feito por toda a xeografía galega8atracos, roubos a man armada, pectonación indebida na fraga, etc).