Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Adrián Brandán

Fragagalicia.jpg Desgalego... rirse dunha maneira de ser, a nosa!
Este artigo ten un alto contido de humor galego.
Se non é desta rexión sacra, é probable que non descubre da misa a metade
non entenda algunhas cousas.


Adrián Brandán.
Adrian Brandan.jpg
Adrián Brandán, estudante e revolucionario..
Información
Nacemento Probablemente no séc. XX A. de C.
Santiago de Compostela Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Nacionalidade galega
Ocupación Estudante e revolucionario.

Adrián Brandán é o grande estudante e revolucionario da Galiza que luita pela liberción da Galicia do Sur e levar a independencia da Galiza (A Gallaecia completa), de feito pacífico mais enérxico, cara a soberanía plena.

Índice

Vida e milagresEditar

Adrián nasceu en Padrenda (provincia de Ourense-Vigo) neto de pais labradores e fillo de pais albaneis, xa desde pequeno era moi rosmón e loitaba por traer melloras á aldea onde vivía, ficando nunha mediocre socialdemocracia de caste rexionalista provinciana; estudou bacharelato en Ribadavia, onde coñeceu a Vaskanieves, unha garota cuxos pais vivían en Euskadi e era criada pelos seus avós, xuntos foron grandes amigos e Adrián consegueu adeprender a base teórica da grande revoluçom nacional da Galiza, xa que foi cando puido ler a Castelao no seu "Sempre en Galiza".

Pero o destino cruel fixo que lle levaran a Vaskanieves, xa que foi detida pela Garda Civil, acusada de voar varias torretas de FENOSA e tentar matar ao El-Rei Xoán Carlos I. Adrián chorou durante décadas, mentres foi estudar a Santiago de Compostela algo na universidade, como non sabía moi ben que estudar foi ata a árbore das ciencias na rúa do Franco (non de Francisco Franco olle!) e alí situándose de costas a él ergueu o homérico dedo e elixiu guiado pelo destiño.

Finalmente Adrián meteuse a estudar Historia, na especialidade de Contemporánea, sendo un mozo comprometido coa luita deseguida encetou a súa andaina sumándose a outros mozos revolucionarios coma él, pero sen caer na Orde Reintegrata!!

MilagresEditar

DesgalivideosEditar

Véxase taménEditar

Outros youtubersEditar