Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Anselm Turmeda

(Redirixido desde "Abdallah at-Tarjuman")

Abdalá Tarjuman (Anselm Turmeda) foi un escritor maiorquín, primeiro foi monxe cristián e logo fíxose santón musulmán.

Vida e obrasEditar

Nado en Maiorca na Idade Media, como era fillo segundo non lle toca a nada a recibir da herdanza de seus pais asi que meteuse a monxe, que era vivir a corpo de rei daquela, e foi parar prun mosteiro onde o puxeron a pan e auga polo moi pícaro que era, para así facelo sumiso e capalo.

Cando por fin se fixo crego foi dar a misa e como a ostia non se voltaba nin carne nin sangue (él que tiña devezos do canibalismo) decidiu meterse a estudiar mais teoloxía en vez de star na horta do mosteiro a ver si lle atopaba a receita do eucaliptine. Asi que mudou de mosteiro e foise pra un convento, que é un mosteiro... pero na cidade e así estar cerca da universidade, onde case se fixo reintegrata pero como iso sería mal visto pola súa nai fíxose do PP.

Tras moitos latinorios e andar nas verzas, rematou canso de tanto scriptorium arriba e abaixo co Aristóteles e Santo Agostiño moro asi que foise tomar un pouco o aire pola rúa dos mercantes. Nunha tenda viua unha muller que lle roubou o corazón, asi foise detrás dela pra que llo devolvela antes de que lle dera un paro cardíaco, así foi como tivo unha experiencia extracorpórea e viu a Deus, boeno... mellor dito non o viu, asi que ficou moi descontento e abandonou os hábitos nunha esterqueira mentres aproveitaba a estancia na cidade pra ir ós cabarets mais requintados que eran propiedade do bispo da cidade.

Como viu que Deus non existía baixouse ó moro e pasouse ó Islam, ó facerse mouro foi todos os días ós baños turcos onde os mohhamed lle ensinaban o corán e así foi como entrou en éxtase e atopou a Alá, que lle dictou varios libros/dvd:

  • Tuhfa: tratado místico onde fala do amor de Alá, que é moi rico rico rico e con fundamento de tal xeito que nunca fará falla ir mais aos baños turcos a atoparse con chapeiros.
  • Disputa de l´ase: a discusión do asno, una asemblea do AMI, ai perdón! unha reunión de animais pra ver a quen seleccionaban pra gobernalos.
  • Llibre de bons amonestaments ou Fransélm: que chegou a ser libro orbigado nas escolas cristiás ata o século XIX e os papas déronlle salvoconducto pra ir por caquera lugar da Cristiandade.