A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos


A Matanza caníbal dos garrulos lisérxicos é un filme friki galego, pioneiro na industria do cine español en facer unha película gore e autofinanciada.

A matanza caníbal ods garrulos lisérxicos
Título orixinal A evaporación caníbal dos silaños dencromados (en Nadsat)
OsMachado.jpg
A familia protagonista do filme.
Ficha técnica
Director Antonio Blanco e Ricardo Llovo.
Produtor Xabarín club.
Guión Manuel Rivas
Baseado en
Intérpretes Manuel Fraga, Alberto Núñez Feijóo, Xosé Manuel Beiras, Gloria Lago
Música Carlos Núñez
Fotografía
Montaxe
Estudio
Distribuidor
Ano o 6 de 6 de 1994
Duración
País Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Xénero Gorecentrista.
Orzamento
Filme anterior
Filme seguinte A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos 2: A cidade non é para min
Ficha en IMDb

Argumento

 
Se non queres caldo, tomas dous cravos!!

Uns amigos modernillos voltan de Madrid dun concerto, mais teñen un accidente nocturno na Galicia profunda, onde vive unha familia no rural que se adica a cazar persoas co noble obxectivo de paliar a súa fame (coméndoaa no momento e gardando ás mulleres pra logo inseminalas e comer ós seus fillos) mais os modernos non o saben e son víctimas deles. Unha modernilla consegue escapar durante horas e descobre o negro pozo de abxección onde se meteu e tenta vingarse dos seus captores mais ao final éstos a conseguen degolar e marchan pra cidade (onde se desenrola a segunda parte).

Persoaxes

Modernos
  • Isabel: moderna menos parva e con menos cocaína no corpo que consegue manterse viva mais tempo.
  • Silvia: Sylvia Superstar que meteu tanta droga que é das primeiras en caer.
  • Luis: conductor, chama á porta dos Machado sen saber que será asasinado mentres degusta cocido galego.
  • Paco: moderno que se funde tanta cantidade de coca que ata lle adican unha rúa en Medellín (Colombia), a tivo que meter porque o grupo de música que foran oír era malo de cojones.
 
Todo comeza porque na TVG sae o crime de Paulino de Chantada.
Familia Machado
  • Martín Seijas Machado (Manuel Manquiña): O irmán maior dos Machado, que organiza todo o cotarro tras ver que a súa pobre irmá pequena foi drogada e violada por un jipi (Roco) a quen lle ofreceran a súa hospitalidade.
  • Rufo Machado (Yoni Mediogramo): o irmán subnormal, tende trampas na estrada ós conductores e yeyés.
  • Pedro Machado (Xulián Hernández de Siniestro Total): o desenterrador de cadáveres, pra podelos comer...
  • Pablo Machado (César Strabwerry de def Con Dos): o encargado de inseminar ás mulleres que gardan nas cortes pra comerlles ós fillos.
  • Virtudes Machado: ninfómana que gorenta de comer línguas tras bicar ós homes con língua.
  • Besto Bravo: animal/fera/cousa que os Machado gardan na corte por facer experimentos con ADN.
Víctimas anteriores
  • Roco: restos resesos dun jipi víctima de Virtudes Machado, asasinado por Martín Machado ó pensar que súa irmá pequena fora drojada e violada por él.
  • Nai (Teté Delgado): víctima de sexo femenino que periódicamente é "inseminada" polos Machado pra que lles de fillos ós que comerse.
  • Rapaza da corte: outra víctima co fin de ter continuidade alimenticia.

Realización da película

Debido a que tanto o tema como o tratamento que se facía del, unha parodia da Galicia vendida no Xacobeo 93 por Manuel Fraga como moderna, se vía unha Galicia depauperada, onde se caía no canibalismo por mor das subvencións, e sen autovías, pra ir a Madrid incluso había que ir por estradas nacionais monocarrís.

Por iso non contou con ningunha subvención e nin tan sequera a presentaron en Sitges, tentouse censurala varias veces por conta de Rouco Varela enviando catequistas fanáticos dos Kikos a manifestarse nos cines pra que non a puxeran, Manuel Fraga tentouna secuestrar ó ser publicada, Felipe González enviou a Pedro Almodóvar pra convencer ós productores de que a ignorasen nun caixón,etc

Finalmente e grazas a Santiago Matamoros puídose montar e publicar o filme en 1994. Tivo tanto éxito que se fixo unha secuela A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos II (La ciudad no es para nosotros).

BSO

Compuxéronse dúas cancións pra elas, unha de Siniestro Total (La sierra es la familia) e outra de Os diplomáticos de Monte Alto (Terra Brava)

Referencias e homenaxes

 
Gloria Lago sae no filme cometendo Lingüicidio siii!!!
  • Ó filme a matanza de Texas: no título, no uso dunha familia rural homicida, a serra eléctrica.
  • Ós Looney Tunes, coa frase "¿Que hay de nuevo, viejo?".
  • Ó Xacobeo e ó Camiño de Santiago: "El año pasado hicimos la mayor empanada del mundo con un autobús de pelegrinos".
  • Á gastronomía popular galega: "Te has metido tanta Coca que te van a dedicar una calle en Medellín","¿Que no te gusta el cocido? Pues dos martillazos jajaja",
  • Ó filme Evil dead cando a víctima rebelde se arma, ós 200 maníacos cando mudan un sinal da estrada.
  • Ós pepeiros, "Tanta droja y tanto ros an ros les comieron la cabeza a la juventú".
  • A John Wayne, cando ó principio sae unha frase súa de cazador.
  • Á literatura, polo apelido Machado da familia protagonista.
  • A Alberto Núñez Feijóo polo uso de droja no colacao.
  • A Gloria Lago de Galicia Bilingüe cando a irmá pequena dos Machado lle arrinca a língua a un rapaz ó cal enganou con que ía foder con el.

Véxase tamén

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A matanza caníbal dos garrulos lisérxicos.

Outros artigos