Abrir o menú principal

Desgalipedia β

A Mezquita

Para a parroquia do concello da Merca vexa A Mezquita
A Mezquita
Escudo de A Mezquita
Mezquitense.jpg
Típica pastora da Mezquita.
Situación
Situacion A Mezquita.PNG
Xentilicio[1]
Xeografía
Provincia Provincia de Ourense
Comarca Viana.
Poboación hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Montesinos forever! (PPdeG)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
elección dixital
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

A Mezquita é un concello fronteirizo galego, a pesar do seu nome aquí non estivo Mahoma tanto tempo como para facer unha mesquita (o nome en dunha planta carnívora que mataba a tódolos pastores por aquí).

No ano 2014 a raíña Elena I de Galicia mandou edificar aquí a primeira base militar do Exército Galego de Liberaçom coa axuda da CIA contra de Felipe VI de España.

Índice

HistoriaEditar

 
Mapa chapurro da Mezquita.

Mezquita foi fundada pola civilización pastoril Tramontinallionesa que inzou de megalitos esta zona pra logo non pelexarse polos lindes e por movementos de marcos (a ver quen é o guapo de mover un dolmen) e durante séculos estiveron en paz, ningún exército veu molestalos e comerciaron con todo quisque (véxase senón o tesouro da urdiñeira...) ata que os ríos e regatos que partían desta zona foron invadidos polo Imperio Romano a súa procura de ouro pra poderse pagar putas por todo o mundo.

Debido a que non pasaba ningunha calzada romana por aquí, os suevos tardaron en chegar, pero ao final ergueron a primeira granxa vacuna en Castromil (nada que ver cos autobuses...) e seus muxidos chamaron a atención dos Visigordos (uns alemáns zoofílicos) e logo dos moros, que se achegaron por aquí e fixeron a primeira igrexa monoteísta do lugar, logo coa Reconquista sería re-aproveitada polo catolicismo (pero adicada a San Martiño, seguindo o estilo antigo) ao lado do campo da feira onde os túzaros da Casa de Lemos e o Conde de Benavente vendían leite adulterado ata que o Antigo Réxime se veu abaixo grazas á forza gravitacional socialista polo que os de sempre invocaron ao demo e éste puxo a Franco no poder.

En 1595, un veciño da zona, Carlos de Amésquita, conseguiu chegar ao mando dunha frota ás costas de Inglaterra para devolverlle a visita de Francis Drake A Coruña e de paso facer unha misa nese Estado protestante.

No entreséculos XX-XXI foi un cacicato pepeiro (pero dos antibaltaristas) de Montesinos, que tras ser expulsado do PP fixo seu propio partido, mentres PSOE, BNG e PP(WTF?) pactaban pra que gobernase un nacionalista; esta situación tentouna revertir Mr. Montesinos cunha moción de censura e cun tránsfuga sociata, xa que quería seguir vivindo da política sen dar un pau á auga.

XeografíaEditar

Este concello atópase na fronteira de Galicia, protexe a entrada sureste ourensán de país mediante montañas ocas onde están os misís intercontinentais mercados a Corea do Norte.

ClimaEditar

Clima caribeño con moito calor todo o ano así en plan cubano que fai que todo o mundo ande en bolas todo o ano, razón pola que en 1936 os curas e militares foron alí a masacralos.

Fauna e floraEditar

ParroquiasEditar

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: A Mezquita.

Outros artigosEditar

V  C  E h
Concellos da Comarca de Viana
 
A Gudiña
A Gudiña
 
A Mezquita
Viana do Bolo
Viana do Bolo
 
Vilariño de Conso
V  C  E h
  Galicia | Provincia de Ourense  
Allariz - Amoeiro - A Arnoia - Avión - Baltar - Bande - Baños de Molgas - Barbadás - O Barco de Valdeorras - Beade - Beariz - Os Blancos - Boborás - A Bola - O Bolo - Calvos de Randín - Carballeda de Avia - Carballeda de Valdeorras - O Carballiño - Cartelle - Castrelo de Miño - Castrelo do Val - Castro Caldelas - Celanova - Cenlle - Chandrexa de Queixa - Coles - Cortegada - Cualedro - Entrimo - Esgos - Gomesende - A Gudiña - O Irixo - Larouco - Laza - Leiro - Lobeira - Lobios - Maceda - Manzaneda - Maside - Melón - A Merca - A Mezquita - Montederramo - Monterrei - Muíños - Nogueira de Ramuín - Oímbra - Ourense - Paderne de Allariz - Padrenda - Parada de Sil - O Pereiro de Aguiar - A Peroxa - Petín - Piñor - A Pobra de Trives - Pontedeva - Porqueira - Punxín - Quintela de Leirado - Rairiz de Veiga - Ramirás - Ribadavia - Riós - A Rúa - Rubiá - San Amaro - San Cibrao das Viñas - San Cristovo de Cea - San Xoán de Río - Sandiás - Sarreaus - Taboadela - A Teixeira - Toén - Trasmiras - A Veiga - Verea - Verín - Viana do Bolo - Vilamarín - Vilamartín de Valdeorras - Vilar de Barrio - Vilar de Santos - Vilardevós - Vilariño de Conso - Xinzo de Limia - Xunqueira de Ambía - Xunqueira de Espadanedo