Abrir o menú principal

Desgalipedia β

A Guarda

A Guarda
Bandeira de A Guarda Escudo de A Guarda
Castroaguardareconstruido.jpg
A Guarda nos seus bos tempos.
Situación
Situacion A Guarda.PNG
Xentilicio[1] Guardés/esa
Xeografía
Provincia Provincia de Pontevedra Provincia de Vigo
Comarca Baixo Miño
Poboación Seguratas. hab. (2019)
Área km²
Densidade hab./km²
Entidades de poboación
Capital do concello
Política ()
Alcalde Abel Cabalero Caín (PS de G)
Concelleiros BNG:
PPdeG:
PSdeG-PSOE:
Outros:
Uso do galego[2] ()
Galegofalantes 100 %
Páxina web oficial
  1. Véxase no Desgalizionario.
  2. Datos dos tempos de Manuel Fraga publicados en 2019, ou non.

A Guarda é un concello da punta da provincia de Vigo mais illado da Europa. É o segundo porto importante na descarga de droga (tras Vilagarcía de Arousa).

Índice

HistoriaEditar

Artigo principal: Castro de Santa Trega.
 
Desde aquí en curraghs inicíabase a ruta celtoatlántica.

Os primeiros habitantes foron varios homínidos que deixaron a aldea de Camposancos chea de lixo e contaminación lítica, afortunadamente o pobo petroglifense termou do lugar e o convirtiu nun enclave comercial cos Micénicos, despois os galaicos, concretamente a tribo dos Grovios puxo capital en Abobriga (actual castro de Santa Tegra) e mudou o comercio parar os fenicios xa que moitos troianos chegaran ata estas costas e formaran parte das elites castrexas construindo o auditorio San Bieito; esta alianza de civilizacións entre troianos e castrexos coa influencia dos fenicios fixo dos grovios unha das tribos mais cosmopolitas do mundo preromano, coas riquezas obtidas fixeron unha grande expansión cara o interior absorbendo outros castros baixo a súa órbita política, controlando a ría de Vigo e todo o Baixo Miño, polo que cambiaron a posición da súa capital cara Tui.

Nembargantes caeron baixo o xugo do Imperio Romano cando Xulio César subiu por toda a costa atlántica perseguindo un barco cartaxinés pra descubrir a ruta do estaño, e conquistou as terras dos Grovios (batallas das Illas Estelas na serra da Groba); durante 400 anos estiveron pagando impostos e sendo escravizados por eles, ata que tiveron que convivir cos suevos, aliándose pra facer un reino independente.

Logo foron conquistados polos visigodos arrianos e despois polos visigodos islamizados, ata que sobreviviu a Reconquista e Galicia voltou ser reino independente durante a Idade Media; nestas datas os vikingos e sarracenos e moros andaban fodendo pola costa secuestrando e roubando e matando e queimando e, etc etc etc. Durante esta época e ata o século XIX A Guarda formou parte da provincia de Tui.

Durante o Imperio español A Guarda foi defendida cun par de muros, razón pla cal o exército portugués a conquistou facilmente e durante tres anos a Guarda foi do rei de Portugal, éste fixo construir murallas e unha torre de vixiancia nun illote fronte ó porto, despois pasou a mans de Madrid outra vez, durante a Guerra contra o francés, as tropas de Napoleón Bonaparte viron de tentar pasar o Miño cara Portugal pero tiveron que subir ata Ourense pra facelo, durantes as guerras carlistas o concello veuse asolado polas bandas d eladróns, facciosos e carlistas que andaban a roubar e matar soldados do goberno. Co desatre da Guerra de Cuba temeuse que os Estados Unidos de América invadiran a costa e Madrid enviou dous canonciños e un soldado pra defender A Guarda, ao memso tempo que nos folletos turísticos se lle chamaban a este concello "the Guardian" pra que os americanos tomasen medo e non nos invadiran.

A mediados e cara finais do século XX A Guarda foi perdendo poboación e o sector pesqueiro foi desmantelado por Madrid e Bruxelas coa aceptación parva da Xunta, ésta mareou a perdiz decindo que habería turismo e así ninguén mais emigraria, pero como os turistas só suben ao Tegra non hai mais industria a pesar dos alcaldes, foi este concello suprimido e fundiso por Alberto Núñez Feijóo a principios do século XXI cos do Rosal e Tomiño.

XeografíaEditar

Limita cos Estados Unidos de América polo oeste, con miles de rosas polo norte e o leste, e ó sur con Portugal (ou Galicia do Sur), a través da fronteira antinatural do río Miño. Pódese chegar por estrada desde Tui e desde Baiona pola calzada romana, e desde Caminha por transbordador.

Destacan os cumios do monte de Santa Trega (famoso polas festas de tambores que suben a él) e do monte Terroso (famosos éste polas orxías que se dan nel), esta zona é unha gran illa de granito (o resto da terra é metasedimentaria no eixo Monteferro-O Rosal).

PoboaciónEditar

 
Típica guardesa co traxe tradicional.

200 mariñeiros en alta mar, catro vellos polas rúas e o resto emigrando Península Ibérica adentro ou pras Canarias.

ParroquiasEditar

CulturaEditar

Guardeses famososEditar

  • Estevan da Guarda: trobador galegoportugués da Idade Media, famoso polas súas cancións de sátira contra os funcionarios da corte que non eran amigos seus e non lle facían favores. Con moito enxeño pra os dobres sentidos, como na caniga onde di que Don Foan discute con súa nai de forma incestuosa, ou sexa que fode con ela, puaaaajjj! E logo en outra afirma que un tal Alvar Rodríguiz fodía a carallo cheo cun seu criado moro.
  • Mateo Guillade: exoficial do exército metido a bandido e terrorista carlista no século XIX.
  • Chuquiño: sempre pidete se tes un euro.

Véxase taménEditar