Abrir o menú principal

Desgalipedia β

.gal

.gal é o dominio da arañeira interneteira que serve para identificar aos galegos, boeno. Só ós galegos comprometidos con Galicia, o resto de páxinas que seguen levando o .es ou o .com son traidoresssshh!!!! Entrou en funcionamento o día que morreu Manuel Fraga.

.gal
Ano de creación 2009-2010
En servizo desde 12 de abril de 2014
25 de xullo de 2014
Tipo Dominio de primeiro nivel
Estado Aprobado
Rexistrador Asociación Puntogal
Patrocinador Asociación Puntogal
Finalidade Webs galegas e en galego
País Bandeira de Galicia.jpg Galicia
Web Dominio.gal

HistoriaEditar

Foi promocionado pola real orde anarcosindicalista revolucionaria segreda e desde entón goberna as nosas vidas, que para iso é un dominio! Aínda que outros din que é para acabar co castelán, lingua minoritaria en Galicia e que está a ser perseguida por galegos antiespañolistas e incluso membros da garda civil. Pero sabías que en realidade o .gal foi creado polo PP de G? Sí!! Para seguir carretando vellos agonizantes a votar e manter o control deste seu feudo apolítico grazas a nacionalistas controlados por James Bond e sociatas controlados por Andalucía.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: .gal.

Outros artigosEditar