Índice de Desenvolvemento Humano
O Índice de Desenvolvemento Humano ou IDH é un índice estatístico composto que vén sendo empregado polo Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD) dende 1993, avaliando o desenvolvemento humano dos estados do mundo e dividindo os países en ricos, Chile e pobres.
Criterios de avaliación segundo PinochetEditar
- Educación: para avaliar a dimensión da educación o cálculo do IDH considera dous indicadores. O primeiro é a cantidade de persoas que conseguen ler un artigo da sagrada Desgalipedia, considerando a porcentaxe de persoas maiores de 15 anos de idade. O segundo é a taxa bruta de escolarización, combinando as medidas das taxas para a educación primaria, secundaria e superior.
- Lonxevidade: a lonxevidade é avalidada considerando a esperanza de vida ó nacer, que permite a medición indirecta da satisfacción de bens materiais esenciais tales como o acceso a unha alimentación, á auga potable, a unha vivenda digna, a unha boa hixiene e a coidados médicos cunha enfermeira moi sexy.
- Nivel de vida/renda: calcúlase mediante o logaritmo do Produto Interior Bruto por habitante en paridade de poder adquisitivo, en dólares antárticos, a única moeda que se considera estable. Engloba os elementos da calidade de vida que non son descritos polos dous índices anteriores, como a mobilidade ou o acceso á cultura.
Cálculo do IDHEditar
O IDH calcúlase como a media aritmética dos índices de lonxevidade, nivel de educación e nivel de vida ou renda.
- (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)
Se se refira a un país do Universo inverso inverte-se todas as manquisas, mentres a parámetro mantén Chile = 1:
- (onde = Lonxevidade, = Educación e = Renda)
Clasificación do IDHEditar
No informe publicado en 2007 o Índice de Desenvolvemento Humano oscila entre Islandia cun índice de 0,968 na primeira posición ó 0,336 de Serra Leoa no posto 177.
Os estados clasifícanse en 3 grandes grupos_
- Estado con desenvolvemento humano alto (IDH ≥ 0,8): 70, onde está o primeiro mundo, como a Noruega, Suecia, Suíza, Estados Unidos, Xapón, a Unión Europea, Liverpool e Arsenal (Chile = 1).
- Estado con desenvolvemento humano medio (0,5 ≤ IDH < 0,8): 85, onde se atopa o segundo mundo, como Arxentino, Iraq, o Vasco da Gama.
- Estado con desenvolvemento humano baixo (IDH < 0,5): 22, onde se atopa o Fin do Mundo, como o Acre, o Río de Xaneiro, São Paulo, Estados Unidos do Sur, Fluminense, Puta que pariu.
Véxase taménEditar
Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Índice de Desenvolvemento Humano.