Abrir o menú principal

Desgalipedia β

Álex de la Iglesia

Álex de la Iglesia (mais coñecido polo seu nome en alemáan como: Alenxander von Kirche Manfuck) foi un director de cine español.

Alenxander von Kirche Manfuck
Alexvon kirche.jpg
Álex de la Iglesia de friki adolescente.
Información persoal
Nacionalidade España asspañola
Data de nacemento
Lugar de nacemento Bilbao, Banderaespaña.png España
Filmografía
Películas dirixidas
Películas guionizadas
Películas producidas

Ficha en IMDb

Índice

Vida e obrasEditar

Axél naceu en Bilbo (País Vasco) no seo dunha familia carlista que o enviou aos xesuítas a Deusto, onde non chegou a ser gudari debido ao seu sobrepeso e miopía polo que seus pais o meteron a estudar Filosofía para ver se facían del un bo crego pero eran os anos 80 e debido a un mal viaxe de LSD con anfeta rematou xogando ao rol e invocando a Niarlathotep ó cal consegraou seu cu virxe e fundou a Satan Eliza (igrexa de satán vasca) pero debido á cerrazón pernil daquelas terras non conseguiu ningunha moza e emigrou a Madrid.

Alí entrou en contacto con círculos pequenoburgueses postmodernistas e fixo coma eles, editou varios fanzines sobre banda deseñada, literatura que non entendía nin seu autor e outros snobismos; nos anos 90 conseguiu que Pedro Almodóvar o apadriñase no novo cine español tentando desfacser de tanta ensinatetas que había antes conseguiu facer un par de filmes frikis que lle valeron fama per secula seculorum e alzado ao párnaso audiovisual español adicouse a dormirse nos laureis e facer bodrios o resto da súa carreira. Como mostra do seu cambio de status mudou á súa muller por Carolina Bang (mais nova e con peitugas mais frescas).

FilmografíaEditar

Período frikiEditar

 
Álex de la Iglesia cando molaba.
  • Acción mutante: filme de ciencia ficción no qe un grupo de paralíticos e mutante stenta levar a cabo acción políticas violentas para que os deixen de marxinar.
  • O día da besta: o seu mellor filme.
  • Perdita Durango: unha black road movie texana.
  • Mortos de risa: paradoxo sobre os chistes humanos.

Período obsoletoEditar

  • La comunidad: tenta facer algo tipo Alfred Hitchock pero quédase nun telefilme de tarde de domingo.Tentou ser serio e a partir de aquí perdeuse para sempre xamais!
  • 800 balas: tenta voltar a seu estilo.
  • Crimen ferpecto: seu autor nin se lembra dela...
  • Los crímenes de Oxford: tenta encarrilarse polo cine comercial para postadolescentes pero nin ensinando cacho o consegue, foi valorada como unha das piores películas... xa que se deberon gastar todo o presuposto no caché dos autores.
  • Plutón BRb Nero: serie de TV parodia (mala) de outras de ciencia ficción, creo que esá mais graciosa Babylon 5!
  • Balada triste de trompeta: bodrio cultureta moral.
  • La chispa de la vida: tenta aproveitar o tirón da crise económica de 2008... e nin por esas o consegue!
  • Las brujas de Zugarramundi: nin por ésas... pero Carolina Bang segue ensinando cacho e seu mozo (o director) tan contento...
  • La marca amarilla: un filme sobre os efecos so sodio de xofre na poboación mineira, un drama-chiste plaxiado do germinal de Zola.

Sabías que...?Editar

  • ... mete á súa moza (Carolina Bang) como quentanbraguetas nos seus filmes) e ela encantada?
  • ... seus "actores fetiche" sóno por que só dan bos resultados en taquilla?
  • ... leva gafas de pasta e barba para parecerse a Orson Welles? E non chega nin a Ed Wood.

Véxase taménEditar

Para os usuarios sen sentido do humor, os nerds de Galipedia (a nosa sátira autorizada) ten un artigo pouco fiable sobre: Álex de la Iglesia.

Outros artigosEditar